O proxecto da nova lonxa licitarase no primeiro semestre de 2010

    licitacionlonxaribeira_100_08022010.jpgRIBEIRA> O deputado do PPdeG, Manuel Ruíz confirmou a Xunta de Galicia está a recoller as  suxerencias dos colectivos afectados para incluilas no proxecto definitivo.

    {flowplayer}barbanza/licitacionlonxaribeira.flv{/flowplayer}

    Manuel Ruíz confirmou hai uns días, algo polo que diversos sectores e colectivos de Ribeira levaban agardando dende hai tempo. Neste primeiro semestre de 2010 sairá a licitación o proxecto de construción da nova lonxa.

    Instalación referente

    Segundo sinalou o propio Manuel Ruíz, tanto a Consellería do Mar como Portos de Galicia, pretenden que esta futura instalación sexa un referente en toda Galicia, aumentando significativamente o presuposto previsto nun primeiro momento.

    Explanada portuaria

    Cabe recordar, como xa anunciar o propio presidente de Portos de Galicia, Xosé Manuel Álvarez Campana, durante unha visita realizada á localidade hai varios meses, a futura ubicación da nova lonxa será na actual explanada que se emprega para montar e repara-las redes, no extremo oeste do porto, nas proximidades das instalacións do club náutico.

    Redacción Barbanza