Un tercio dos expositores de Camelias son vilagarciáns

    concurso_camelia_copia100.jpgVILAGARCÍA> O Vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, presentou esta mañá, en Vilagarcía, a 46 edición do Concurso Internacional da Camelia.

    {flowplayer}images/salnes/CAMELIA.flv{/flowplayer}

     Dentro da programación do Concurso-Exposición Internacional da Camelia, está prevista a celebración dunha mostra pictórica baixo o título Visións da camelia, que terá lugar do 10 ó 28 de febreiro. Durán destacou que os artistas van ofrecer a súa visión artística da camelia a través da sensibilidade, a fraxilidade, a luz e a cor.

    O vicepresidente provincial, puxo de relevo que máis de un tercio dos expositores que se presentan a concurso do 26 ó 28, son de Vilagarcía e da súa área de influencia.

    José Juan Durán avanzou que no ano 2014, cando a Deputación volva a organizar este evento e con motivo do Congreso Internacional da Camelia, Vilagarcía ocupará un lugar preferente.

    O vicepresidente recordou que as inscricións para o concurso poderán presentarse no rexistro da Deputación ata á 1 da tarde do día 22.

    Redacción Salnés