Victoria sen brillantez na Lomba e sopresa en Burgáns

arousa250_080210.jpgVILAGARCÍA> Un dos culpables de que se aprete a clasificación por arriba é o Cambados, que onte deu a sorpresa e venceu ó líder Choco en Burgáns por 1-0. Tamén gañou o Arousa o Marín por 2-0 polo que os de Ricardo volven a achegarse á parte alta da xeral.

{flowplayer}images/salnes/futbolarousa_080210.flv{/flowplayer} 

Nova victoria do Arousa na casa ante un Marín que de ter maior mordente en ataque podría terse levado algo da Lomba. E é que os vilagarciáns como ven sendo habitual nos últimos partidos coma local, xogaron moi ben ata que se puxeron por diante, pero logo deixaron a inicitiava ós visitantes que ben puideron empatar antes do descanso.

O mellor no ataque arlequinado volveu a ser Álex, que coa súa velocidade sempre creou perigo. Pero o primeiro tanto sería acadado por Fon ó cuarto de hora, nun saque de esquina botado por Camiño e no que o propio Alex remata ó longueiro. O balón cáeulle de novo Ó ex do Céltiga que atopou por abaxio a chegada de Fon, que resolveu con moita clase, batindo co calcaño a Moncho.

Co 1-0 apareceu a fiigura de Solla. O xoven gardamallas debutaba debido á obrigada ausencia de Kiko e deixou unha moi grata impresión. De feito erixíuse como o salvador do seu equipo na primeira metade cando maís apretou o Marín, con catro paradas de moito mérito. A segunda parte a efectos prácticos sobrou porque o Marín apenas inquietou á meta rival e o Arousa adicouse a xogar co resultado. No minuto 90 chegaría asentencia cun tanto de Pablo. Tres puntos que os colocan a sete do ascenso, novenos na táboa.

Por debaixo viaxan Cambados e Ribadumia, con 29 puntos os dous, lonxe da zona perigosa. Os de Carducho colleitaron un empate ante o Tomiño (1-1) nun encontro con protagonismo arbitral, os locais acabaron con dez e os aurinegros con nove polas exulsións de Samu e Manu Sieiro. Álex de penalti puxo en vantaxe ó Ribadumia pero antes do descanso empatou Iván para o Tomiño.

O Cambados deu a sorpresa da xornada ó vencer o ata onte líder Choco (1-0). Os de Carregal nada tiveron que ver co equipo que foi goleado na Estrada e sacaron a súa mellor versión para desarbolar ó seu rival. Eulogio, foi o autor do único tanto do partido.

Redacción Salnés