O BNG de Rianxo esixe unha actuación inmediata nos cantís de Tanxil

    bngrianxocantis_100_090210.jpgRIANXO> O BNG de Rianxo insta ó goberno a reclamar a Costas unha partida de setecentos mil euros para acondicionar os cantís de Tanxil e Tronco.

    {flowplayer}barbanza/bngrianxocantis.flv{/flowplayer}

    Segundo afirman os nacionalistas rianxeiros, as negociacións do PSOE e o BNG para apoiar os orzamentos do Estado no ano 2008 saldáronse coa aprobación dunha partida económica de setecentos mil euros para realizar traballos de recuperación nos cantís do camiño litoral dende Rianxo ata Tanxil e na zona do Tronco. Este acordo quedou recollido no Boletín Oficial do Estado do vinte e sete de decembro de 2007.

    Espazos degradados

    Estes espazos se atopan moi degradados por mor dos temporais, que tiveron como consecuencia a caída de árbores, o derrube de terra e a desparación de elementos de seguridade para os viandantes.

    Dende a agrupación local do BNG acusan ao alcalde do municipio, Pedro Piñeiro de rexeitar esta achega aludindo a que xa se estaba executando un proxecto de senda litoral e non era preciso recuperar acantilado algún. Non obstante, para os nacionalistas o que realidade acontenceu é que ó alcalde “amoloulle que o BNG conseguise fondos para Rianxo”.

    Perante a degradación continuada deste espazo litoral, dende o BNG rianxeiro instan agora ao rexedor a que reclame de novo unha actuación perante Costas do Estado, dado que, din os nacionalistas, o grupo de goberno é incapaz de facer un mantemento mínimo anual deste camiño costeiro.

    Plan especial

    Pola súa banda, dende o concello, o alcalde Pedro Piñeiro acusou aos nacionalistas rianxeiros de mentir ó asegurar que se conseguira esta partida económica para arranxar os cantís.

    O rexedor afirma que o concello de Rianxo traballa na mellora do litoral a través dun plan especial de recuperación de infraestruturas entre a praia de Tanxil e a das Cunchas, a pesar dos atrancos que asegura, sempre lle puxo o BNG para o seu desenvolvemento.

    Redacción Barbanza