Alfageme valora positivamente o acordo unánime do Parlamento

    alfageme_copia100.jpgVILAGARCÍA> Dende a Xunta asegúrase que se está facendo todo o posible para intentar salvala conserveira.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Os traballadores de Alfageme están moi contentos pola aprobación dunha proposición non de lei presentada no Parlamento polo BNG. Desta forma, se insta á Xunta a buscalas garantías necesarias para facer viable o futuro da conserveira e desenvolver un plan de viabilidade personalizado. Sen embargo, Rosa Abuín lamentou a actitude das Conselleiras de Traballo e do Mar.

     Abuín sinalou que tiveron unha pequeno encontro co Conselleiro de Economía e Industria, quen lles manifestou que se están a reunir con varias conserveiras para comprar Alfageme.

     En canto ós rumores de que Rumasa podería selo comprador, Rosa Abuín afirmou que Javier Guerra lles asegurou que non están negociando con eles.

    Unha vez que haxa comprador, estudarase un plan de viabilidade para a empresa. Existe o compromiso da Xunta, de profesionalizar a dirección e o comité de administración.

    No Parlamento Galego tamén se aprobou un novo aval por se as negociacións de compra se alongan e así mantela produción e os salarios.

    Redacción Salnés