Antonio Gómez presentado como novo adestrador do Céltiga

antoniogomez250_110210.jpgILLA> O Céltiga xa ten novo adestrador. O antigo, Pablo Vázquez, despediuse onte de plantel e directiva e minutos despois Antonio Gómez dirixiu a súa primeira sesión ós mandos do equipo da Illa. O preparador vigués chega ilusionado e sabedor de que ten trece partidos por diante para tentar salvar ó equipo.

{flowplayer}images/salnes/celtiga_110210.flv{/flowplayer} 

Pablo Vázquez aproveitou a tarde de onte para despedirse do plantel do Céltiga. Xogadores, técnico e incluso directiva amosáronse visiblemente emocionados polo remate dunha relación, excelente no terreo personal, pero abocada ó fracaso no terreo de xogo.

Sen embargo non hai tempo para as lamentacións porque a situación deportiva do equipo é tan mala que agora mesmo descenderían a Preferente, propiciado polos arrastres dende 2ªB. Antonio Gómez chega para evitar precisamente iso. Terá que coñecer ó equipo en tempo record para tratar de acadar a permanencia. 

Con 52 anos, Antonio Gómez foi xogador de Primeira División nas filas de Celta e Zaragoza. Como adestrador pasou polo o Pontevedra nos noventa, onde coincidiu co destituído Pablo Vázquez e xogaron unha fase de ascenso a Segunda, obxectivo que acadou anos despois co Numancia. Tras dunha dilatada carreira chega á Illa ilusionado por volver a adestrar e cumplir os obxectivos polos que foi contratado.

O debut de Gómez á fronte do equipo será este domingo no Salvador Otero fronte ó Narón, terceiro na clasificación.

Redacción Salnés