Fartos de que o goberno local de Boiro se mofe deles

    planparcialenquisas_100_11102010.jpgBOIRO> Os afectados polo Plan Parcial de Cabo de Cruz mostran o seu estupor ante a iniciativa do executivo local de realizar enquisas para coñecer a súa opinión perante o proxecto.

    O Plan Parcial de Cabo de Cruz segue a ser motivo de conflito entre os propietarios e o concello. A plataforma de afectados non entende porque agora o executivo realiza unha enquisa para coñecer a opinión dos veciños cando estes levan anos pedindo a paralización do proxecto.

    {flowplayer}barbanza/planparcialenquisas.flv{/flowplayer}

    O polémico plan parcial de Cabo de Cruz comezouse a tramitar hai anos. Xa dende aquela, boa parte dos propietarios opoñíanse ó proxecto e máis aínda a que fora desenvolvido polo sistema de cooperación que propoñía o concello. Sen embargo, en marzo de 2007 aprobábase o plan por este sistema; unha aprobación que provocou o estupor dos propietarios que presentaron infinidade de alegacións que tiñan por obxectivo a paralización do proxecto.

    Polémica enquisa

    O executivo local decidiu agora repartir unha enquisa entre os propietarios para que decidan a continuidade ou non do plan, dada a difícil situación económica e a crise que atravesa o sector da construción. Os propietarios non entenden esta consulta que chega cando xa se realizou a reparcelación e califican de pitorreo a actitude do goberno local.

    A intención da plataforma é que se paralice por completo o proxecto e que, no caso de que haxa que retomalo, sexan os propios veciños os que o acometan e sempre e cando o PXOM sexa firme e non pese sobre el ningunha sentenza anulatoria, como acontece na actualidade.

    Redacción Barbanza