A CIG rexeita a reforma laboral por recortar dereitos dos traballadores

    manifestacioncigreformalabora_100_120210.jpgBOIRO> Unha trintena de persoas concentráronse ás portas da oficina do INEM para protestar pola reforma laboral proposta polo goberno central.

    {flowplayer}barbanza/manifestacioncig.flv{/flowplayer}

    A concentración protagonizada en Boiro enmárcase dentro dunha serie de protestas promovidas pola CIG en toda Galicia. O obxectivo é denunciar o retroceso nos dereitos dos traballadores que suporá a reforma laboral proposta polo goberno.

    Abaratamento do despido

    Segundo o responsable comarcal do sindicato, as medidas deseñadas pola administración central contribuirán a abaratar o despido. Tamén denuncian a política fiscal aplicada polo goberno que favorece ás empresas en detrimento dos traballadores.

    Situación límite

    O obxectivo último é chamar a atención sobre o recorte dos dereitos de traballadores como José que acaba de esgotar a prestación por desemprego e atópase nunha situación límite, con dificultades para atopar un traballo e poder saír adiante.

    Dende a CIG tampouco comparten a reforma do sistema público de pensións que pretende ampliar a idade da xubilación ós 67 anos cando xa na actualidade é difícil conseguir a totalidade da prestación debido á excesiva temporalidade e precariedade laboral.

    Redacción Barbanza