Os Güeros gañan o Festival de Comparsas do Grove

gueros100.jpgSALNÉS> Prevíase rifado e así foi. O xurado do festival de comparsas do Grove elixiu como gañadora, só cun voto de diferencia, ós Güeros.

{flowplayer}images/salnes/comparsas_grove_vilagarcia.flv{/flowplayer}

SALNÉS> Prevíase rifado e así foi. O xurado do festival de comparsas do Grove elixiu como gañadora, só cun voto de diferencia, ós Güeros. A comparsa grovense, dirixida por Iago González, dedicoulle as súas coplas a asuntos polémicos da política local, como o proxecto do paseo marítimo que atravesa unha praia nudista.

O xurado elixiu en segundo lugar a outra comparsa meca, Os Garoulos, dirixidos por Gonzalo Domínguez, que lle dedicou unha copla ó fardo de droga desaparecido no cuartel da Garda Civil do Grove. No Grove actuaron en total oito comparsas. Amais das dúas primeiras, estiveron outras tres locais. As do 806, As + Plus, e Os Ultra Sur, xunto con Harmonía da Illa, Os Golfiños de Vilanova e Maraghota e Media de Vilaxoán. O Concello calcula que unhas dúas mil persoas encheron o pavillón de Monte da Vila.

FESTIVAL DE VILAGARCÍA 

Cheo tamén se rexistrou no Auditorio de Vilagarcía onte á tarde para ver o festival de comparsas. Aquí non houbo premios pero as dez participantes recibiron a mesma asignación económica. Entre as coplas escoitáronse críticas ó goberno local. En Vilagarcía actuaron catro comparsas locais, O xornal criticón, O Noso Lar, Maraghota e Media e Os Trancheiros. Tamén viñeron grupos do Grove, Os Güeros, Os Garoulos, Ultra Sur e As + Plus, e tamén Vellas Glorias de Vilanova e Harmonía da Illa.

Redacción Salnés