Un morto e dous feridos no naufraxio dun arrastreiro de Ribeira en augas do Cantábrico

    naufraxioficha2_100_160210.jpgBURELA> O naufraxio do Ficha II producíase este luns ó redor das tres da tarde cando a embarcación emborcaba e íase a pique a unhas vinte millas da costa de Burela. A pesar da rápida intervención do arrastreiro Marpar II que faenaba nas inmediacións, nada se puido facer por salvar a vida de Francisco Javier García Pouso. O restos dos tripulantes correron mellor sorte e atópanse en bo estado de saúde.

    {flowplayer}barbanza/naufraxioficha2.flv{/flowplayer}

    Pasadas as oito da tarde deste luns, o arrastreiro Marpar Segundo arribaba ó porto de Burela. Nel viaxaban cinco dos supervivientes do naufraxio que resultaron ilesos e o corpo sen vida de Francisco Javier González Pouso. Os outros dous tripulantes, un deles o cuñado do falecido e un mariñeiro de nacionalidade peruana, foran evacuados polo helicóptero Pesca II ata o Hospital de Burela onde tiveron que ser atendidos ó presentar síntomas de hipotermia e ansiedade.

    Ata o porto da localidade lucense desprazouse tamén o armador, Ramón Martínez Pardavila, e diversos representantes e autoridades do sector do mar, entre elas a Conselleira do Mar, Rosa Quintana que quixo transmitir o seu apoio ás familias.

    Tras ser examinados por persoal sanitario, os superviventes, cinco deles naturais de Ribeira e dous peruanos, regresaron a última hora á capital barbanzá. Pola contra, o corpo do falecido non puido ser trasladado ata que lle realizaron a autopsia. Arestora permanece na casa mortuoria en Martín onde será velado ata o enterro que terá lugar mañá ás catro da tarde.

    Redacción Barbanza