En xullo estarán rematadas as quince novas vivendas de promoción pública

    vivenda_publica_ribadumia_100_170210_copia.jpgRIBADUMIA> Así o aseguraron a alcaldesa, Salomé Peña, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante a visita ás obras.

    {flowplayer}images/salnes/170210_visita_vivendas_ribadumia.flv{/flowplayer}

    As obras marcan a bo ritmo e segundo cálculos do arquitecto e dos técnicos que supervisan a construción, no verán, estas quince vivendas de promoción pública estarán xa listas para entrar. Máis concretamente no mes de xullo. En total son quince pisos de dous, tres e catro dormitorios. O luns facíase o sorteo público das vivendas.

    O delegado da Xunta en Pontevedra visitou a obra xunto ó presidente da Deputación, Rafael Louzán, e alcaldesa de Ribadumia. Salomé Peña salientou a calidade dos materiais cos que se están a construír o edificio, ademais da súa ubicación, ó carón do centro do municipio.

    Estas quince vivendas de promoción pública están costruidas sobre un solar de 463 metros cadrados cedido polo concello ó Instituto Galego de Vivenda e Solo. Ademais desta obra, estase a completar tamén no municipio a remodelación da Praza Pública de Barrantes, unha renovación deseñada para executar en dúas fases.

    Redacción Salnés