O goberno local sonense síntese desatendido por Medio Ambiente

desatencionxuntaportoson_100_17022010.jpgPORTO DO SON> Solicitaron o proxecto de seguridade vial que se acometerá en Xuño, pero o goberno autonómico non contestou a súa demanda.

A polémica xurdiu hai uns días, cando a Xunta de Galicia daba luz verde a un proxecto de seguridade vial que se executaría na estrada AC- 550, no tramo entre o alto de Parada e Xuño. Esta actuación prevé, entre outros traballos, a construción de beirarrúas.

Actualmente, nese mesmo treito, Augas de Galicia, organismo pertencente a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas, xa executa un proxecto de saneamento e colocación de beirarrúas, orzamentado en máis de douscentos mil euros.

{flowplayer}barbanza/desatencionxuntaportoson.flv{/flowplayer}

Para impedir que ámbalas dúas actuacións se solapen, o bipartito sonense solicitou ó goberno autonómico que se lle remitira o documento para poder buscar solucións. Tal e como informou o alcalde aínda estar a espera dunha resposta. Tampouco, apuntou o rexedor, se lles deu conta de que xa se iniciou o proceso de expropiación forzosa dos terreos, que afectará a máis dunha cincuentena de propietarios.

Para o executivo sonense a actitud da Consellería de Medio Ambiente é totalmente irrespetuosa con eles, cando o que tratan unicamente e de poder ofrecer ós afectados polo proxecto a información correspondente así como evitar que se dilapiden os cartos públicos.

Redacción Barbanza