Delfín Fernández:’ningún fogar quedará sen recibir a TDT’

    delfin_tdt100.jpgPONTEVEDRA> O apagón definitivo producirase a partir do 10 de marzo. Case o 86% dos fogares da provincia de Pontevedra, xa acceden ó canais da TDT.

    {flowplayer}images/salnes/TDT.flv{/flowplayer}

     O porcentaxe de fogares da provincia de Pontevedra antenizados supera o 93% e no 98,8% destes xa se coñece o novo sistema de emisión audiovisual. O cese definitivo, que se vai producir a partir do 10 de marzo, vai beneficiar a máis de 30 municipios da provincia, nos que reside unha poboación que supera os 731.000 cidadáns. O subdelegado do goberno definiu este apagón como unha transformación social e tecnolóxica sen precedentes.

     A TDT vai producir unha mellora á hora de emitir a programación e na recepción dos canles: oferta de canais gratuitos, de maior calidade audiovisual e interactividade.

    A cobertura na provincia de Pontevedra é do 97%, na que máis de 200.000 cidadáns xa reciben a emisión só por tdt. A instalación de 47 novos centros emisores en Domayo vai permitir acadar unha cobertura do 99%. Dende a Xunta afírmase que ninguén se vai quedar sen recepción. Os que non o podan recibir por terra, o farán mediante satélite coa misma calidade que a TDT.

    Dende o goberno central e autonómico solicítase ós cidadáns que non esperen ó último momento para adaptala antena e mercar os decodificadores. A través dos Servizos Socias dos Concellos xa se entregaron máis de 1.000 decodificadores a familias con risco de exclusión.

    Redacción Salnés