A Deputación presenta o plan eDepo de administración electrónica

    plan_edepo100.jpgPONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe o seu Plan eDepo, de administración electrónica, dirixido ós concellos …

    {flowplayer}images/salnes/plan_e_depo.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou hoxe o seu Plan eDepo, de administración electrónica, dirixido ós concellos da provincia, en especial os menores de 14 mil habitantes, e ás propias dependencias da Deputación.

    O plan pretende optimizar o funcionamento interno dos concellos e axilizar a comunicación co resto das administracións públicas. Tamén busca un maior contacto cos cidadáns.

    O plan eDepo ten un investimento de 4 millón de euros e sairá a concurso dividido en catro lotes: un para o centro de procesado de datos que se instalará na antiga sede da delegación de Educación; outro para a plataforma de tramitación electrónica, un terceiro para a intranet, e o cuarto para a dixitalización de fontes documentais, gráficas e audiovisuais. Rafael Louzán presentou hoxe o proxecto a representantes de máis de cincuenta empresas interesadas no concurso coa idea de que nos vindeiros sete días lles fagan propostas para incorporar no prego de condicións.

    Louzán insistiu na aposta que está a facer a Deputación nas novas tecnoloxías e anunciou en proximamente sacarán a licitación coa Xunta a implantación da rede wimax rural en 55 concellos da provincia.

    Redacción Salnés