Traballadores de Industrias Carballo concéntranse na casa do empresario

    industrias_carballo100.jpgVILAGARCÍA> Os traballadores de Industrias Carballo concentráronse diante da casa do empresario para esixirlle o abono dos seus salarios.

    {flowplayer}images/salnes/industrias_carballo_040310.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os traballadores de Industrias Carballo concentráronse esta mañá diante da casa do empresario para esixirlle o abono dos seus salarios e para que faga unha achega de capital que permita salvar os seus postos de traballo.

    Industrias Carballo conta cunha plantilla de trinta persoas que acumulan unha débeda de catro mil euros por cabeza. A Unión Comarcal de Comisións Obreiras en Vilagarcía, convocou unha concentración diante da casa do empresario, logo de tres días de folga., como medida de presión, ante o impago dos seus salarios.

    Dende Comisións Obreiras, consideran que o empresario é quen ten nas súas mans, unha solución ao problema e está sendo moi insolidario coa xente que traballou toda a vida na empresa. Os traballadores incrementarán as medidas de presión para lograr non só cobrar os seus salarios, senón conservar os seus postos de traballo.

    Redacción Salnés