O Extrugasa non quere obsesionarse coa clasificación

baloncesto250_050310.jpgVILAGARCÍA> Recibe mañá en Fontecarmoa ó Universitario de Ferrol, un partido importante de cara a cumplir o obxectivo do equipo de estar entre os catro primeiros. A filosofía do plantel é ir partido a partido sen obsesionarse na clasificación.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_050310.flv{/flowplayer}

Non queren mirar á clasificación xeral porque saben que calquera distracción agora pode supoñer un paso atrás para as aspiracións do equipo de meterse na fase de ascenso. Pero a verdade é que en catro días o futuro pode quedar bastante clarificado. Primeiro, Universiario de Ferrol e logo Aros de León, o martes, dous partidos ante rivais inmersos na zona morna e que pouco se xogan xa nesta liga.

O rival de mañá do Extrugasa é un equipo que se basea nun quintento inicial protagonista, cun gran poder anotador e cunha parella de xogadoras interiores moi forte. Iso sí, a calidade do banquiño é moito menor. A victoria do Extrugasa pasará por manter unha boa intesidade defensiva e un alto ritmo de xogo. 

Durante esta semana Todorova e Saray Ruiz non se adestraron nas sesións matinais e ambas fixeron rehabilitación das tendinites que arrastran. Estas molestias non lles impedirán estar no choque de mañá ás 19:30 en Fontecarmoa.

Redacción Salnés