Feijoo defende a aposta da Xunta pola igualdade

    feijoo_pontevedra100.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, defendeu hoxe a aposta que está a facer o goberno galego pola igualdade.

    {flowplayer}images/salnes/feijoo_en_pontevedra.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, defendeu hoxe, Día Internacional da Muller Traballadora, a aposta que está a facer o goberno galego pola igualdade. Estes días os grupos da oposición denunciaron a intención da Xunta de suprimir o Servizo Galego de Promoción da Igualdade. Feijoo explicou que xa existe unha secretaría xeral de Igualdade que traballa con políticas que afectan a tódalas decisións do goberno autonómico.

    Alberto Núñez Feijoo resaltou que no seu goberno hai máis mulleres ocupando altos cargos que na pasada lexislatura. Tamén indicou que no Plan de Emprego para os vindeiros 3 anos o emprego feminino é un dos obxectivos.

    O presidente da Xunta fixo estas declaracións en Pontevedra, onde visitou a Delegación Territorial, acompañado do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda e do delegado José Manuel Cores Tourís. Feijoo defendeu o esforzo de austeridade que fixo o seu goberno para pasar de 13 delegados a un e afirma que a estrutura está a funcionar.

    Feijoo tamén falou dos investimentos que está a facer no Concello de Pontevedra, destacando sobre todo o do novo hospital de Monte Carrasco ou a nova autovía Vilagarcía – Pontevedra. Tamén falou de Ence e do seu traslado.

    O presidente da Xunta tamén participou esta mañá en Pontevedra no Foro Cinco Días onde advertiu que está disposto a someter a Lei de Caixas de Galicia ó Tribunal Constitucional, pero non ós intereses dalgúns cargos andaluces do Goberno central, en alusión ó secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, interlocutor estatal nas negociacións para modificar a norma.

    Redacción Salnés