Os alumnos de Vilaxoán coñecen o traballo da muller no mar

    colexio_vilaxoan100.jpgVILAGARCÍA> O CEIP de Vilaxoán celebrou o Día da Muller facendo reflexionar aos alumnos e alumnas sobre os traballos que relacionan ás mulleres co mar.

    {flowplayer}images/salnes/colexio_vilaxoan.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O CEIP de Vilaxoán celebrou o Día da Muller facendo reflexionar aos alumnos e alumnas sobre os traballos que relacionan ás mulleres co mar. Tres traballadoras do sector contaron as súas experiencias aos cativos de xeito próximo e claro.

    Unha mariscadora, unha peixeira e unha traballadora da depuradora, faláronlle aos nenos e nenas sobre os detalles do seu día a día. Cómo traballan, cómo vencen as dificultades e cal é o froito do seu traballo, foron algúns dos datos que deron as traballadoras.

    O obxectivo do acto é que dende ben pequenos, saiban a importancia do traballo das mulleres. E todas as ensinanzas destas mulleres, non caeron en saco roto, alumnos e alumnas comprenderon moi ben a mensaxe da charla das mulleres.

    Obxectivo cumprido: alumnos e alumnas comprenderon de preto, as dificultades, as rutinas e mesmo os “premios” do traballo de nais e avoas que teñen as súas vidas vencelladas ao mar. Algo fundamental, para que valoren este tipo de traballos.

    Redacción Salnés