Canal Rías Baixas

Paso de xigante do Extrugasa cara a fase de ascenso

SALNÉS> Na Liga EBA o Establecimientos Otero atou a permanencia logo de vencer a domicilio. Mentres en Fontecarmoa o Extrugasa acadou unha traballada victoria fronte ó Universitario de Ferrol que lle volve a colocar na terceira praza da xeral.

Custou sacar o partido adiante, algo que se esparaba ante un rival da entidade do Universitario de Ferrol (85-69). Esta vez o Extrugasa non fixo o seu típico arranque explosivo senón maís ben todo o contrario. As visitantes, lideradas por Marta Tudanca no tiro exterior e por Mills na pintura, acadaron as primeiras vantaxes.

Ás vilagarciáns semellou faltarlles certo ritmo de competición, do que falara Tito Díaz na previa, por non ter xogado a semana pasada. O certo é que tralo primeiro paso polos banquiños as cousas cambiaron radicalmente. As locais empregáronse a fondo en defensa e intrepetaron o contraataque ás mil maravillas para darlle a volta ó electrónico cun parcial de 18-0. Fóronse nove arriba ó descanso e a vantaxe no deixou de medrar ata o derradeiro cuarto, cando acadaron unha máxima de 21 puntos. Pese ó arreón final do Ferrol, a victoria non perigou en ningún momento.

Christina Quaye foi a máxima anotadora do encontro con 22 puntos, nun partido no que volveu a destacar a completa actuación de Ylenia Manzanares, que quedouse ás portas do triple dobre con 10 puntos, 10 rebotes e 8 asistencias.

Esta victoria sitúalles terceiras, aínda que virtualmente na segunda praza da xeral, debido a que o seu predecesor, o Unicaja Canarias conta coas mesmas victorias que as vilagarcíans pero cunha derrota máis. Esta xornada deixou tamén unha boa nova para o Extrugasa, o picazo dun rival directo como o Ensino na casa ante o Zamora. Tamén perdeu o Pío XII ante o Canarias. Sen tempo para o descanso as de Tito Díaz disputan mañá en León o encontro adiado ante o Aros.

Esta fin de semana deixou tamén a victoria do Establecimientos Otero que se impuxo na cancha do Deportes Ferrer de Logroño por 72-80. Partido completo dos de Diego Doval que chegaron a mandar por 16 puntos de diferencia liderados por Mato, Bowie e Del Río, que fixeron 54 puntos entre os tres. Este triunfo asegúralles de xeito matemático a permanencia na Liga EBA.

Redacción Salnés

Exit mobile version