Cándido Pazó presenta en Vilagarcía ‘Historias tricolores’

candido_pazo100.jpgVILAGARCÍA> O ciclo de monologuistas de Vilagarcía prosegue este venres coa actuación de Cándido Pazó.

{flowplayer}images/salnes/monologo.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Cándido Pazó será o terceiro que actúe no Auditorio de Vilagarcía no ciclo de monólogos. O

 dramaturgo, actor e director presentará Historias tricolores, ou de como aqueles animaliños proclamaron a república. Será unha función directa, inmediata e de áxil recepción. Segundo indicou o propio Pazó é un espectáculo de 1 hora e 20 minutos de narración escénica na que esboza varias personaxes. E todo cunha mestura de humor e emotividade ó cen por cento. ç

A actuación terá lugar este venres ás nove da noite. Grazas ó convenio entre Concello e Agadic, o prezo das entradas custarán 4 euros na zona A, 3 na B e 2 na C.

Redacción Salnés