O BNG esixe que se desbloquee o proxecto do parque empresarial do Barbanza

    bngpobrapoligono_110310.jpgPOBRA> O BNG volverá levar a pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a retomar de xeito urxente o proxecto do parque comarcal do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/bngpobrapoligono.flv{/flowplayer}

    En outubro de 2008 adxudicabase a redacción do proxecto do parque empresarial do Barbanza por valor de sesenta mil euros. A empresa adxudicataria dispoñía entón de dous meses para a elaboración do documento que a día de hoxe está paralizado.

    Os nacionalistas denuncian que nada se sabe do estado da tramitación deste polígono dende que os populares accederon ó goberno da Xunta. É máis, o goberno autonómico vén de presentar un plan para a dotación de chan industrial en toda Galicia, sen que se faga mención ó proxecto previsto para o Barbanza.

    Presentación de iniciativas

    Dada a necesidade deste proxecto e os fondos xa investidos polo anterior goberno bipartito para conseguir que o novo parque fose unha realidade, dende o BNG seguirán a insistir para que se retome de xeito urxente.

    Precisamente xustifican a urxencia deste proxecto ante a difícil situación económica que atravesamos. A dotación dun millón de metros cadrados de chan indsutrial permitirá a implantación de novas empresas na comarca para crear emprego e riqueza. Ademais, contempla a construción de naves modulares en réxime de aluguer con opción a compra para axudar a novos emprendedores que desexen implantarse no Barbanza.

    Redacción Barbanza