Moreda inaugura as obras de reforma na oficina provincial de recadación

    oficinaprovincialrecadacionribeira_100_160310.jpgRIBEIRA> Ós arranxos no local hai que sumarlle a implantación dun novo sistema informático.

    {flowplayer}barbanza/oficinaprovincialrecadacionribeira.flv{/flowplayer}

    Salvador Fernández Moreda visitou as instalacións que veñen de ser reformadas acompañado do alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer. Ademais do acondicionamento do local e a mellora da accesibilidade procedeuse tamén á implantación dun novo equipo telemático para mellorar o funconamento do sistema de recadacións. Esta oficina, situada na céntrica rúa Miguel Rodríguez Bautista, forma parte da rede de servizos tributarios e recadación da Deputación en toda a provincia, que se compón dun total de doce delegacións. A través delas xestionanse unha serie de impostos e tasas locais ademais do consorcio das Mariñas. A oficina de Ribeira da servizo a unha poboación de preto de cincuenta mil habitantes dos concellos de Ribeira, Porto do Son, Noia e Lousame. Durante o 2009 se recadaron tres millóns douscentos cincuenta mil euros; un 14’72 por cento máis que no exrcicio anterior.

    Mellora liquidez concellos

    Precisamente, o alcalde ribeirés destacou a importancia deste anticipios mensuais para mellora-la liquidez das arcas municipais.

    Redacción Barbanza