Preto de 110.000 galegos máis accederán á TDT nos vindeiros días

    tdtcopia100.jpgSALNÉS> Os acendidos dixitais dos días 22, 23 e 24 de marzo van beneficiar a concellos das Áreas Técnicas de Domaio e Páramo. A terceira e última fase de incorporación á TDT rematará o vindeiro 2 de abril.

    {flowplayer}images/salnes/TDT.flv{/flowplayer}

    O luns 22 producirase o apagado analóxico nos emisores Cañiza e Carril, situados na Área Técnica de Domaio.Vai implicar a chegada da emisión dixital ós concellos da Cañiza, Covelo e parte de Vilagarcía, podendo disfrutar da TDT máis de 10.000 galegos. Ese mesmo día e o martes 24, tamén apagarase varios emisores da Área Técnica do Páramo, achegando a era dixital a 52.000 habitantes. Por último, xa o día 24 levarase a cabo o apagado dos centros emisores Meis e Moaña, o que permitirá a difusión da TDT nos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e parte de Moaña, cun total de máis de 45.500 habitantes.

    Unha vez rematados estes acendidos dixitais, a terceira e última fase de incorporación á TDT vai rematar o vindeiro venres 2 de abril, co fin da transmisión de sinal do resto dos centros da Área Técnica do Páramo e de Domaio. Nesta última, afectará a 694.000 galegos de 31 concellos distintos.

    Non obstante, dende a Secretaría Xeral de Medios, recoméndase ós cidadáns a instalación dos adaptadores da TDT, comprobando a correcta orientación da antena, sen agardar ás datas de apagón. Sinalan que no 98% dos casos, xa se pode recibir o sinal da televisión dixital.

    Para calquera consulta, a Xunta ten a disposición dos usuarios o teléfono 012 e páxina web tdtgalicia.es

    Redacción Salnés