O concello da Pobra desafía á crise cunha suba orzamentaria do 16%

    presentacionorzamentospobra_230310.jpgPOBRA> O executivo local vén de presentar os orzamentos para 2010 por valor de oito millóns cento cincuenta e cinco mil euros.

    {flowplayer}barbanza/presentacionorzamentospobra.flv{/flowplayer}

    O orzamento para o exercicio de 2010 deseñado polo executivo local supón un incremento dun 16’35 por cento con respecto ó pasado ano. Os obxectivos que busca o equipo de goberno con esta proposta de gastos e ingresos é mellora-los servizos públicos e as infraestruturas e avanzar cara o saneamento financieiro a través dun control estricto do gasto corrente.

    No capítulo de gastos, os máis cuantiosos agrúpanse nos de persoal que ascenden a 3.020.000 euros. Descenden un 3’02 por cento con respecto ó pasado ano xa que se conxelan as dúas dedicacións exclusivas así como dietas e asignacións. A pesar de que se contempla unha suba do 0’3 por cento para o persoal, xa que así o establece a lei, os gastos diminuen pola amortización dalgunhas prazas que xa non figuran na RPT.

    Os gastos en bens correntes experimentan unha suba do 4’19 por cento situándose nun 1.945.000 euros xa que se incluiron neste apartado facturas de recoñecemento extraxudicial de crédito de anos anteriores.

    Os gastos financieiros correspondentes ós intereses polas débedas coas entidades bancarias descenden un 55 por cento ata os 235 mil euros pola baixada dos tipos de interese.

    Tamén descenden as transferencias correntes nun doce por cento, situándo en 230 mil euros, posto que diminúe a contía achegada á Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que no anterior exercicio virase aumentada pola posta en marcha do malogrado consorcio turísitco.

    Investimentos

    A contía destinada a investimentos ascende a preto de 2.600.000 euros, dos cales 2.300.000 proveñen de subvencións. Entre as partidas máis destacadas figuran a creación do campo de fútbol de Cadreche, con 776 mil euros e o paseo fluvial do Río morto con 632 mil.

    En canto ós ingresos, os procedentes de tributos e taxas municipais supoñen máis de tres millóns de euros e a aportación doutras administracións ascende a 4.755.000 euros.

    Tamén se inclúe unha operación de crédito por valor de 233.400 euros e unha partida de 82 mil en concepto doutros ingresos como o canon pola concesión do mercado municipal, o camping pu ingresos patrimoniais.

    Aforro positivo

    Como datos máis positivos destacan o aforro neto en 368.899 euros que nos últimos anos viña dando valores negativos e o endebedamento que se sitúa nun 63’27 por cento seguindo a tónica descendente dos últimos anos.

    Redacción Barbanza