Verdegaia denuncia irregularidades na tramitación da planta de gas

    recursoverdegaia_240310.jpgRIBEIRA> A asociación ecoloxista Verdegaia vén de presentar un recurso de alzada no concello contra a planta de regasificación plantexada en San Alberto.

    {flowplayer}barbanza/recursoverdegaia.flv{/flowplayer}

    Durante a fase de exposición pública, Verdegaia presentara unha serie de alegacións alertando sobre a incidencia ambiental da Planta Satélite de Regasificación. Alegaba ademais a improcedencia de situar esta instalación dun terreo público de protección forestal.

    Supostas irregularidades

    A pesar de que a raíz das alegacións se modificou o emprazamento, o proceso para a concesión da licenza de obra e da actividade estivo, segundo a asocaición ecoloxista, cheo de irregularidades posto que non volveu someterse á avaliación de impacto ambiental.

    Instalación provisional

    A pesar de que a instalación da planta plantéxase como provisional á espera de que se acometa o gasoducto do Barbanza, dende Verdegaia dubidan da temporalidade desta instalación.

    Consideran que o gasoduto evitaría os riscos que sí conleva a planta co tráfico continuado de camións para transportar o gas licuado Por este motivo, dende Verdegaia examinarán toda a documentación e a planimetría do novo emprazamento e non descartan a presentación dun contencioso administrativo se o proxecto segue adiante.

    Redacción Barbanza