Medio Ambiente investirá 3 millóns na primeira fase do saneamento de Noia

saneamentonoia_250310.jpgNOIA> Rafael García Guerrero presentou a primeira fase do saneamento integral do municipio, que se iniciará antes de fin de ano.

{flowplayer}barbanza/saneamentonoia.flv{/flowplayer}

O rexedor noiés amosaba a súa satisfacción pola consecución desta importante actuación para o municipio, ó tratarse dunha das súas maiores inquedanzas. O proxecto que será financiado na súa totalidade pola Consellería de Medio Ambiente prevé o tratamento das augas pluviais e fecais.

As obras está previsto que comecen do remate do ano, unha vez que se someta o proxecto a exposición pública e se leve a cabo tamén a súa aprobación plenaria, dous requisitos indispensables para poder licita-la actuación.

Segundo confirmou o propio rexedor noiés unha vez realizadas as obras desta primeira fase presupostadas en 3’3 millóns de euros podería darse servizo a un 70% das augas fecais de Noia, unha cantidade moi superior á actual que ronda o 20%.

Fin do problema

Con esta actuación solucionaríase tamén un dos graves problemas que presenta a rede de saneamento noiesa como é a vertedura de augas fecais á ría, co conseguinte dano ecolóxico e medioambiental, máxime cando se está pensando tamén na súa rexeneración.

Agradecementos

Rafael García Guerrero amosou ademais o seu agradecemento ó actual conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, por cumprir coa súa palabra de que a actuación estaría presentada antes de que rematase o mes de marzo.

Redacción Barbanza