O BNG demanda medidas para a reactivación económica e social do Barbanza

    bngbarbanza_250310.jpgBARBANZA> O BNG comarcal vén de realizar un balance das iniciativas presentadas no seu grupo no debate do estado da autonomía.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanza.flv{/flowplayer}

    O BNG aproveitou o debate parlamentario para realizar un balance da xestión do goberno do PP despois dun ano da súa chegada á Xunta. A conclusión que sacan os nacionalistas é que moitas das iniciativas que estaban en marcha co bipartito sufriron unha parálise. Entre elas, destacan aquelas encamiñadas á creación de emprego e a reactivación económica como a construción do parque empresarial do Barbanza.

    En materia de educiación e sanidade volveron reclamar no Parlamento a posta en marcha dun centro integrado, a construción dunha unidade de saúde mental, a entrada en funcionamento do heliporto así como a incorporación de celadores no hospital comarcal e a implantación dun plan de redución das listas de espera. Tamén demandan a axilización dunha serie de instalacións para a mellora dos servizos sociais da comarca.

    Melloras nos portos

    A mellora da comercialización e explotación dos recursos mariños tamén interesan ós nacionalistas que propoñen que se acometan prioritaraimanere algunhas actuacións nesta liña como a ampliación do porto de Cabo de Cruz ou as melloras no porto de Ribeira.

    Tamén demandan inversións para mellorar o saneamento executando a rede de sumidoiros da conca do río Coroño en Boiro, o saneamento de Taragoña e Araño en Rianxo, o da Ribeiriña na Pobra e o saneamento integral de Ribeira.

    Tren de proximidade

    Por último, non entenden o voto negativo do PP ó estudo de viabilidade sobre a implantación dun tren de proximidade na comarca, cando o voceiro parlamentario, Manuel Ruiz, defendía esta iniciativa dende a oposición.

    Redacción Barbanza