Os traballadores de Muebles Carballo reclaman os salarios pendentes

    muebles_carballo_copia100.jpgVILAGARCÍA> A empresa debe máis de 4 meses de salario, así como as indemnizacións. O sábado concentraranse na praza de Galicia para rematar na casa do propietario.

    {flowplayer}images/salnes/MUEBLES_CARBALLO.flv{/flowplayer}

    Os 17 empregados piden que se lles pague o salario que se lles debe dende xuño ata mediados de novembro, máis de 85.000 euros en xeral. A isto se lle suman as indemnizacións por un valor de máis de 400.000 euros. Dende a CIG, explican que o Fondo de Garantía Salarial se vai facer cargo de parte desa cantidade, pero que non se comezarían a cobrar ata o verán.

    O resto corresponderíalle á empresa pagalo. Sen embargo, os traballadores denuncian que dende novembro non teñen contacto co propietario e non saben nada dos cartos. A última resposta que recibiron é que a empresa non ten liquidez e as débedas se acumulan dende o 18 de setembro.

    Os traballadores están desesperados e en unha situación moi precaria. Están intentando buscar un novo emprego pero saben que o mercado laboral está moi complicado nestes intres. Algúns deles foron capaces de atopar outro posto de traballo.

    Para o sábado teñen preparada unha mobilización ás once e media na praza que rematará fronte ás portas da vivenda do propietario. En caso de que non lles dea unha solución continuarán as protestas.

    Redacción Salnés