A Xunta aproba un ERE a Maderas del Atlántico sen apoio sindical

    cig100.jpgVILAGARCÍA> O grupo Maderas del Atlántico, asentado en Caldas, vén de presentar un novo Expediente de Regulación de Emprego

    {flowplayer}images/salnes/maderas_atlantico.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O grupo Maderas del Atlántico, asentado en Caldas, vén de presentar un novo Expediente de Regulación de Emprego, que conta coa aprobación da Xunta pero non da representación sindical que apoia ós traballadores. A CIG entende que este ERE non garante sequera os dereitos dos traballadores. Para empezar non se especifica categoría profesional, antigüidade nin salario dos empregados. Ademais di a CIG que se pretenden extinguir 30 postos de traballo e para o resto déixase aberta a posibilidade de suspensión.

    O sindicato lembra que Maderas de Atlántico leva dous anos presentado EREs, dous fóronlle denegados e outros dous aprobados. Consideran que neste último, a Xunta permítelle un expediente á carta da dirección da empresa e que en vez de arranxar a súa situación se vai encrespar inda máis o ambiente laboral. A CIG asegura que a día de hoxe se lle adebedan ós traballadores entre 3 e 4 meses de salario, amais dos complementos adicionais para prestacións por desemprego e pagas extraordinarias pactadas no anterior ERE.

    A CIG presentará un recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais contra este cuarto ERE.

    Redacción Salnés