Porto do Son da un novo paso para a creación do Museo do Mar

museodomarportodoson_290310.jpgPORTO DO SON> O Museo do Mar será en breve unha realidade, grazas ás negociacións levadas a cabo polo BNG ante o Goberno do Estado.

{flowplayer}barbanza/museomarportodoson.flv{/flowplayer}

O concello de Porto do Son agarda a que un dos seus grandes proxectos, a creación dun Museo do Mar na localidade, poida ser unha realidade en pouco tempo.

Despois da adquisición do local que albergará as ditas instalacións, unha vivenda de 900 metros cadrados aproximadamente, en pleno casco urbano, unha antiga fábrica de salgadura, o próximo paso será tratar de xestionar novos fondos que fagan posible este proxecto museístico presupostado en máis dun millón de euros.

Actualmente o proxecto está practicamente rematado coa finalidade de entregarllo ó Ministerio de Cultura para a súa aprobación.

Na comparencia ante os medios, ademais do alcalde e a tenente alcalde, participaron tamén o deputado do BNG no congreso, Francisco Jorquera, e o senador desta mesma formación política, Xosé Manuel Pérez Bouza, os dous responsables da consecución dunha partida de 500 mil euros para a construción do Museo do Mar en Porto do Son, a través das negociacións levadas a cabo durante a negociación dos Presupostos do Estado.

Redacción Barbanza