Un total de vinte empresas presentan ofertas para a construción da variante

variantenoia_290310.jpgNOIA> A Consellería de Medio Ambiente recibiu vinte propostas para a construción da variante de Noia.

{flowplayer}barbanza/variantenoia.flv{/flowplayer}

Tras recibir un total de vinte propostas para acometer a conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos, a Xunta de Galicia traballa na súa avaliación para poder proceder á adxudicación dos traballos. A previsión da Consellería de Medio Ambiente é que as obras dean comezo no terceiro trimestre do ano.

Expropiacións

A tramitación do proceso de expropiación xa se atopa nunha fase moi avanzada; o DOG vén de publicar a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados. Será o 19 de abril no concello de Lousame e o 20, 21 e 22 no de Noia.

A alternativa dous que finalmente será a que se materialice supón unha menor afección que os outros trazados propostos xa que evitará o núcleo de Eiroa e conectará co corredor Brión-Noia pola marxe esquerda da ponte de Ceilán. Este trazado contempla a conexión do final da ponte co corredor.

Terá unha lonxitude próxima ós cinco quilómetros de longo e máis de dez metros de ancho con beirarrúas par aos peóns. No treito da ponte sobre a ría contémplase un paseo peonil de dous metros e medio de ancho, con ramplas de acceso no Testal e na Barquiña.

Máis inversión

A inversión total da Xunta para construír esta infraestrutura ascende a máis de 38 millóns de euros. Este importe supón un incremento de dous millósn e medio con respecto á contía inicial destiandos a incorporar medidas ambientais e construtivas que minimicen o impacto na ría.

Redacción Barbanza