Xan Lamelas abandona o goberno cuatripartito do Grove

    xanlamelas100.jpgO GROVE> Rómpese o goberno cuatripartito. O Edil de Xuventude e Persoal, Xan Lamelas, presentou esta mañá a súa dimisión.

    {flowplayer}images/salnes/EU_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE> Rómpese o goberno cuatripartito do Grove. O Edil de Xuventude e Persoal, Xan Lamelas, presentou esta mañá a súa dimisión, tras ser aceptada nunha Asemblea por EU. Dende o Partido non ven por parte do alcalde capacidade nin ganas de respectar o pacto de goberno.

    Nos derradeiros tres anos foron varias crises de goberno as que se viviron no Concello de O Grove. Foron minguando así os ánimos e folgos de Xan Lamelas, para loitar polo cumprimento do pacto de goberno asinado polo cuatripartito. Logo de varias reunións e asembleas, EU aceptou a dimisión do concelleiro de Xuventude, Persoal e Emprego. Pensan que o alcalde meco nunca creu no pacto e por iso, sen conflitos, o edil chegou ao límite e loitará polos seus obxectivos dende a oposición.

    Comeza unha nova etapa para el e Lamelas asegura que seguirán traballando na súa liña política, apoiando e loitando polos intereses dos traballadores e apoiando os servizos sociais. A executiva comarcal de Esquerda Unida, apoia a decisión do edil. Xan Lamelas asegura que non ten pensado presentarse como candidato nas vindeiras eleccións.

    Redacción Salnés