Catro participandes da Barcelona World Race atracan en Sanxenxo

_base_oceanica_copia_100.jpgSANXENXO> Esta mañá, firmouse o convenio de colaboración para o establecemento dos participantes no club náutico. Todos destacan as especiais condicións da localidade para os seus adestramentos.

{flowplayer}images/salnes/BASE_OCEANICA.flv{/flowplayer}

A primeira experiencia de Sanxenxo e o Real Club Náutico como base de un equipo destas características, foi no ano 2000. Durante meses, equipos que disputaron a Volta ó Mundo 2000-2001 adestraron en augas da Ría de Pontevedra.

Este ano, Sanxenxo volve a ser o campo de probas ideal para os participantes. O voltamundista e campión olímpico Iker Martínez e o patrón do equipo asturiano, Juan Merediz, destacaron as condicións de Sanxenxo.

Estes barcos van participar nunha das probas máis duras do mundo da vela, a Barcelona World Race, unha volta ó mundo sen escalas e con dous tripulantes por barco.

O Secretario Xeral para o deporte, destacou o esforzo do Concello de Sanxenxo para conseguir que esta localidade e Galicia volvan formar parte do panorama internacional da vela.

A alcaldesa, Catalina González, deu as grazas ós participantes por elixir Sanxenxo e afirmou que están a espertar a admiración e o respecto dos cidadáns coñecer unha vela la dura.

Redacción Salnés