O PP desconvoca a Comisión sobre o POL de Vilanova

    pol_vilanova100.jpgVILANOVA> O Plan de Ordenación do Litoral xerou unha grande polémica en Vilanova de Arousa. Os veciños recibiron no seu correo un boletín …

    {flowplayer}images/salnes/pol_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O Plan de Ordenación do Litoral xerou unha grande polémica en Vilanova de Arousa. Os veciños recibiron no seu correo un boletín informativo repartido polo BNG, onde explican principalmente, as zonas afectadas polo Plan de Ordenación do Litoral, o POL. O grupo de goberno asegura que tales zonas destacadas no boletín, non están totalmente afectadas e solicita unha desculpa pública por parte do Bloque.

    Esta mañá estaba convocada unha Comisión de Portavoces que, de non obter tal rectificación, o PP desconvocaría. E as desculpas non chegaron. O portavoz do PP Javier Tourís asegura que as delimitacións urbanísticas atribuídas ao POL polo BNG son falsas, só pretenden alarmar aos veciños e que siga vixente a lei dos cincocentos metros. Lembra amais, que onde antes do POL podíase edificar, pódese tamén agora e que será a creación do PXOM a que delimite en realidade as zonas edificables.

    Ao non obter as desculpas públicas dos nacionalistas, o grupo de Goberno vilanovés desconvocou a Comisión desta mañá. O portavoz do PSOE que tamén participou na rota Comisión, declinou facer declaracións.

    Redacción Salnés