Everest premia a Dinamización Cultural á biblioteca da Illa

    biblioteca100.jpgA ILLA> Ángela Otero, a titular da biblioteca da Illa, recollerá o xoves o Premio de Dinamización Cultural 2010, da Editorial Everest.

    {flowplayer}images/salnes/premio_biblioteca_illa.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A Biblioteca Municipal da Illa de Arousa destaca por ser das máis dinamizadoras á hora de fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos. E en recoñecemento leva xa acumulados varios premios, o último recollerano este xoves nun acto que se celebrará na Casa do Concello. A editorial Everest vén de concederlle o seu Premio de Dinamización Cultural 2010 a esta biblioteca, e por extensión á súa titular Ángela Otero.

    Este galardón resalta o traballo que está a levar a cabo a biblioteca municipal cos rapaces co obxectivo de que siga nese camiño. Os proxectos Escolle os teus pratos preferidos, O relax da lectura e O Salón do Cómic foron os que máis valorou o xurado que outorgou os premios. Desde o departamento de Relacións Institucionais de Everest destácase que o obxectivo destes galardóns é premiar o esforzo, a creatividade e a calidade no desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e conseguir que esta labor sexa a inspiración no traballo das bibliotecas.

    O premio entregarase o xoves ás seis e media da tarde e está previsto que asistan ó acto o alcalde Manuel Vázquez e a directora de Everest en Galicia, Carmen Cancelo, amais da propia galardoada Ángela Otero.

    Redacción Salnés