CAMBADOS> O delegado da Xunta e o alcalde presentaron ós veciños un avance do proxecto da futura rotonda que se construirá no cruce do Facho.
{flowplayer}images/salnes/ROTONDA_CASTRELO.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde, visitaron as obras da estrada C-549, na parroquia de Castrelo. Ó proxecto inicial, de máis de dous millóns de euros, hai que sumarlle os 150.000 da rotonda.
A reforma da estrada C 549 vai sufrir un pequeno cambio coa introdución dunha rotonda, que se vai construír no cruce do hotel Cruceiro, baixada a O Facho. O primeiro proxecto redactado, non recollía esta infraestructura. Sen embargo, a demanda dos veciños foi vital para a súa inclusión neste novo trazado, polo que pasan miles de coches diarios.
O proxecto inicial tiña unha inversión de máis de 2 millóns de euros, ó que hai que engadirlle coa rotonda, preto de 150.000 euros. O delegado territorial da Xunta, sinalou que é un cambio importante xa que o que se busca é mellorala seguridade viaria.
Segundo os técnicos, os cambios van permitir reducir a gran velocidade pola que pasan os vehículos por esa zona, limitada a 50.
Estímase que as obras da estrada rematen o verán, pero as da rotonda retrasaranse un pouco máis.
Redacción Salnés