Os clubes respaldan a Fredi Bea que seguirá de concelleiro

fredi250_080410.jpgGROVE> O Consello Local de Deportes do Grove ratificou onte no seu cargo ó edil na materia. Fredi Bea puxera o seu posto a disposición deste organismo despois de recibir duras críticas por parte do Club de Remo Amegrove, que se queixou do trato recibido no transcurso da Gala Local do Deporte.

{flowplayer}images/salnes/FrediBea_080410.flv{/flowplayer} 

Os clubes deportivos de O Grove deron o seu apoio a Fredi Bea e este seguirá a ser o concelleiro de deportes do concello meco. Non houbo sorpresas e trala xuntanza mantida onte as cousas seguirán como estaban.

A polémica xurdíu hai dez días cando dende o Amegrove acusouse ó edil de non facer na Gala do Deporte a mesma homenaxe ós rapaces deste club de remo, como se fixo cos de outras entidades. A razón esgrimida por Fredi Bea foi que Amegrove non presentou ós seus candidatos como establecían as bases da gala. 

Con todo, o edil galeguista, non cree que este asunto poida empeorar as relacións entre a entidade e o concello.

O que sí pedíu Fredi Bea foi a colaboración de tódolos clubes para que episodios coma este non se volvan repetir, comezando pola participación en tódalas asambleas e xuntanzas do Consello. 

O concelleiro de deportes do Grove aproveitou a ocasión para responder as críticas do PP sobre este asunto, sinalando que non hai nada máis democrático que convocar ó organismo que preside para decidir o seu futuro político.

Redacción Salnés