Paradela honra cun bolo de 6.000 ovos a San Gregorio

    bolo100.jpgMEIS> 6.000 ovos contiña o bolo de Pascua de Paradela. Esta fin de semana celebrouse a Festa de San Gregorio e este foi un dos grandes atractivos.

    {flowplayer}images/salnes/bolo_paradela.flv{/flowplayer}

    MEIS> 6.000 ovos contiña o bolo de Pascua de Paradela. Esta fin de semana celebráronse as Festas de San Gregorio e sen dúbida, un dos grandes atractivos do evento, foi o bolo, como cada ano.

    Mediante un remolque tiveron que trasladar o bolo dende o forno ata o Campo da Festa de Paradela en Meis. Diante, ía o santo homenaxeado formando unha comitiva agardada por centos de veciños e visitantes, para iniciar os festexos.

    Os veciños de Paradela traballaron toda a semana na elaboración do bolo. Primeiro recolleron ovos por toda a parroquia e polos arredores ata reunir mais de seis mil. O sábado pola tarde, na panadería de Paradela comezaron os labores de amasado e cocción do gran bolo pascual, ao que xa non se lle poden sumar máis ovos porque non cabería no forno.

    Logo de recibir o bolo, tivo lugar a misa campestre cantada polo Coro O Noso Aire. A continuación, a procesión co santo e rematados os actos relixiosos, e como non podía ser doutro xeito, degustáronse os manxares preparados para o día. Amais do bolo, churrasco, chourizos e viño do país. O bo tempo foi o ingrediente especial que fixo gozar a tódolos asistentes. O Campo da Festa quedou pequeno para tanto público como se congregou nas Festas e o bolo, pese a ser xigantesco, desapareceu axiña.

    Tamén nos pequenos pensou a organización das Festas, pois dispuxeron unha zona dedicada ás atraccións, tan demandadas polos cativos. Xa ás sete da tarde a Banda de Música Cultural de Arcade puxo a nota musical e ás oito foi a quenda da Banda da Vértula de Paradela. Por fin ás nove comezou a verbena que se prolongou ata a madrugada. Os encargados de amenizar a velada foron Novo Estilo e Miel.

    Redacción Salnés