Os mergulladores piden á Xunta medidas para evitar redes sen sinalizar

    buceadores_copia100.jpgO SALNÉS> Cren que é necesario sancionar a actitude de algún mariñeiros que non respectan a presenza de submarinistas. Afirman que chegan a tirar aparellos á auga xusto cando están mergullados.

    {flowplayer}images/salnes/BUCEADORES.flv{/flowplayer}

     A morte de Beatriz García o domingo, causou unha grande indignación entre as persoas que se dedican á práctica deste deporte. Os mergulladores denuncian que están cansados de sufrila presión de moitas embarcacións, que chegan a arroxar os seus aparellos encima deles sen respectar as boias. Un grupo quere reunirse coa Consellería do mar para evitar situacións que se están convertendo en habituais.

    Os mergulladores recoñecen que non é a primeira vez que, estando baixo o mar, os mariñeiros tiran os seus aparellos sen ter en conta a súa presenza.

     Os expertos afirman que por lei sempre deben levar un coitelo, pero que nun caso como este, os nervios poden xogar unha mala pasada.

    Sobre a investigación sobre o accidente de A Illa, se arroxa unha luz de claridade. A rede na que se enredou a mergulladora non podía estar alí en aqueles momentos nin a súa presenza estaba debidamente sinalizada. Segundo a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, esta rede non era a única ferramenta sen sinalizar que estaba no entorno.

     Redacción Salnés