O Extrugasa gaña ó Ensino e opta a ser primeiro de grupo

baloncesto250_190410.jpgVILAGARCÍA> No baloncesto, a nova da fin de semana é que o Extrugasa aínda pode ser primeiro do seu grupo ó remate da liga regular. Todo grazas ó triunfo das vilagarciáns o sábado ante o Ensino e a derrota do líder Burgos na súa casa fronte o Caja Rural de Zamora.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_190410.flv{/flowplayer} 

Invicto na casa. Así rematará a liga regular o Extrugasa que o sábado despedíuse da súa afección ata a fase de ascenso con outro triunfo de gran valor ante o Ensino por 64-59.

Ten importancia a victoria polo feito de que as de Tito Díaz souberon recompoñese da dolorosa derrota sufrida a semana pasada en Zamora, porque dan unha mensaxe ós seus rivais de que son un equipo case imbatible na súa cancha e porque ademais víuse como dúas xogadoras de habitual protagonismo secundario, como Mallou e Todorova, tiraron do equipo nos momentos complicados.

Foi un encontro moi igualado e que comezou con imprecisións de ambos lados. Así que o Extrugasa afinou un pouco a puntería púxose dez arriba. Pero iso foi no segundo cuarto e as lucenses tiveron tempo de recompoñerse. A base dunha defensa en zona, o cadro local atascouse no inicio do segundo tempo e o Ensino chegou por diante ós minutos finais. Foi ahí onde apareceu o acerto de Arantxa Mallou, excelente tamén en defensa, e tamén o de Todorova que se foi ata os 17 puntos, cun magnífico 7/9 en tiros de campo para converterse na máxima anotadora do encontro.

Unha victoria que lle asegura a segunda praza matemáticamente ó Extrugasa. Agora incluso poderían ser primeiras, se gañan a semana que ven en Cáceres e perde o Burgos. O líder caeu co Zamora na casa (74-83) e para manter a primeira posición deberá vencer na última xornada na cancha dun Ensino que se estará a xogar a súa presencia na fase de ascenso.

Redacción Salnés