O presunto asasino da Play Station incurre en numerosas contradicións no xuízo

    playstation_copia100.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá, comezou na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo polo crime da Play Station. Á unha da tarde comezou a declaración do presunto asasino, Juan Ramón González, que afirmou non recordar nada do sucedido ese día.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_PLAYSTATION.flv{/flowplayer}

    Ás 10 e media da mañá chegou Juan Ramón á Audiencia Provincial coa cara totalmente tapada e escoltado por 3 policías. Comezaba o día no que González debía explicar, ante a xuíza e un xurado popular, o ocorrido o 13 de xuño de 2007. Segundo a investigación policial, Juan Ramón reclamou ó seu amigo Marcos unha serie de obxectos que deixara na súa casa. Segundo o Ministerio Fiscal e o avogado da acusación, afirman que o fixo a través de mensaxes ameazantes á irmá do falecido.

    Juan Ramón recoñeceu que acudiu á casa dos Muñiz cun coitelo na man para intimidar a Marcos. Sen embargo, esta afirmación contradí á declaración que fixo ante a policía, na que sinalaba que portaba dous coitelos, un deles de cociña. Ante as preguntas do ministerio fiscal, Juan Ramón contestou que foron os axentes ós que lle obrigaron a contestar iso.

    O presunto asasinou declarou que foi Marcos o que empezou a pelexa golpeándoo cunha barra de plástico. Sinalou que cando logrou zafarse, marchou da casa con dous coitelos dos que se desfixo no muíño de A Seca. Ás demais preguntas efectuadas, Juan Ramón afirmou non acordase de nada xa que se atopaba baixo a influencia do alcohol e de sicotrópicos. O avogado da defensa presentou unha serie de informes médicos nos que se recolle unha incapacidade do acusado na man dereita.

    Mañá, a partir das 9.30, prestarán declaración os familiares da vítima, así como a irmá do acusado que se atopaba con el no momento do asasinato.

    Redacción Salnés