Sae a licitación a redacción do proxecto para o desdobramento do corredor Brión-Noia

conselleirooutes_100_200410.jpgOUTES> O conselleiro de MATI, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora do treito Muros-Noia na estrada AC-550, na nova ponte da variante de Outes

{flowplayer}barbanza/visitaconselleirooutes.flv{/flowplayer}

Agustín Hernández comprobou de primeira man a marcha das obras da coñecida como variante de Outes, na que a propia Consellería inviste máis de 18 millóns de euros. Con esta actuación mellorarase significativamente a conexión por estrada entre os núcleos de Noia e Muros, permitíndolle ademais ós miles de usuarios que habitualmente circulan por ela, ter que desprazarse polo casco urbano de Outes, evitando así os numerosos embotellamentos que a diario se producen nesta estrada.

Na visita o titular de Infrestruturas estivo acompañado do Delegado na Coruña, Diego Calvo, e o propio alcalde de Outes, Carlos López Crespo, quen valorou moi positivamente a actuación, xa que evitará que os vehículos de longo percorrido atravesen o núcleo de Serra de Outes, mellorando a odenación do tráfico e diminuíndo a posibilidade de atropelos, co que se garantirá a seguridade vial para os veciños. 

Licitación

Aproveitando a visita realizada a Outes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou a publicación no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia da licitación da redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental do desdobramento do corredor Brión-Noia, por un importe de case 400 mil euros e un prazo de execución dun ano.

O desdobramento suporá a conversión en autovía do corredor Brión – Noia, actualmente en fase de construción. Os tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia darán continuidade á autovía AG-56 de Santiago a Brión e discorrerán en paralelo á estrada autonómica AC-543.

O corredor conta cun orzamento de 80 millóns de euros, mentres que o seu desdobramento suporá un investimento de mais de 22 millóns de euros. Ambas infraestruturas forman parte do Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica da Xunta de Galicia.

Redacción Barbanza