A Xunta somete a consulta o desdobramento da Vía do Salnés

    via_salnes_copia100.jpgSANXENXO> O obxectivo é determinar a alternativa máis convinte entre as opcións propostas, tendo en conta o especial valor ecolóxico da zona.

    {flowplayer}images/salnes/VIA_SALNES.flv{/flowplayer}

    Nese senso, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental inicia o período de consultas ambientais do estudo informativo, co fin de acadar unha maior amplitude ambiental do informe. O obxectivo, é levar a cabo a opción que protexa o valor ecolóxico da zona, xa que se atopa no ámbito de protección da Rede Natura 2000. O desdobramento, plantéxase mediante a construción dunha calzada paralela actual e co mesmo trazado en alzado, de forma que quede limitado o deseño da actuación.

    Compre sinalar, que para a avaliación de propostas, distínguense alternativas de trazado do tronco e deseño dos enlaces. En canto ás alternativas de tronco, dado o condicionante de manter a estrada actual como unha das calzadas futuras da autovía, búscase a ampliación por unha ou outra marxe, coa posibilidade de cambiar onde sexa necesario.

     Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, considérase preciso limitar o número de veces que a traza cambia de marxe ó longo do proxecto, debido á facilidade en execución e limitación de desvíos. Así, convén manter o trazado nunha mesma marxe na maior lonxitude posible.

    O documento de estudio ambiental, contempla aspectos a considerar como o clima, a xeoloxía, os espazos naturais e a fauna. Ademais, teranse en conta medidas de protección acústica, do aire ou do solo.

    O desdobramento da vía do Salnés dende Sanxenxo ata A Lanzada, incluído nas obras previstas no Plan MOVE, suporá un investimento de 12 millóns de euros.

    Redacción Salnés