Vázquez di que o PSOE gañará nas sete grandes cidades

    pachi_vazquez100.jpgPONTEVEDRA> O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez celebrou en Pontevedra o seu primeiro ano como secretario xeral.

    {flowplayer}images/salnes/pachi.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez celebrou en Pontevedra o seu primeiro ano como secretario xeral do PSdeG- PSOE. Na súa intervención augurou revalidar o goberno nas sete grandes cidades e nas deputacións.

    O 25 de abril de 2009 converteuse no día do cambio para os socialistas galegos. Nun congreso extraordinario celebrado en Pontevedra, Manuel Vázquez foi elixido por ampla maioría, como sucesor de Emilio Pérez Touriño. O sábado regresou ó mesmo escenario para celebrar un ano no que asegura que gañaron forza e que esta se reflectirá nas vindeiras eleccións.

    O secretario xeral do PSdeG- PSOE chamou á mobilización o 17 de maio, polos ataques á lingua, comprometeuse a repoñer a gratuidade dos libros de texto, apoiou ás vítimas do franquismo e criticou o grave recorte nos servizos sociais por parte da xestión de Núñez Feijoo. Amais, está seguro de recuperar o goberno das Deputacións, sobre todo a de Pontevedra.

    Pachi Vázquez resaltou tamén o importante que é para Galicia que José Luís Rodríguez Zapatero estea no goberno nacional. En conclusión, na celebración deste primeiro ano, o líder dos socialistas galegos reclamou ó goberno galego que preste máis atención ó que sucede realmente en Galicia, porque está, segundo di Vázquez, ‘desfacendo todo o andado’ nestes últimos anos.

    Redacción Salnés