Vintech: referente nacional de investigación vitivinícola

    vintech_copia100.jpgVILAGARCÍA> No recinto de FEXDEGA daranse cita máis de 60 expositores de España, Francia e Portugal, que representan preto de 400 firmas nacionais e internacionais.

    {flowplayer}images/salnes/VINTECH.flv{/flowplayer}

    Na Segunda edición do Salón Internacional do Viño, Técnicas e Equipamento, Vintech, daranse cita máis de 60 expositores que representan a preto de 400 firmas nacionais e internacionais. Os obxectivos deste salón son promover a transferencia da I+D+i no sector vitivinícola, fomentar o uso de novas tecnoloxías e mellorar as redes de cooperación. Un desenvolvemento do sector que permita a internacionalización dos viños.

    Para potenciar esa evolución, Galicia inscribiuse no proxecto europeo Winetech, de novas tecnoloxías para a elaboración do viño.

    Durante a inauguración desta mañá, o presidente da Deputación de Pontevedra, destacou a importancia deste salón para unha comarca que vive por e para o viño.

    A alcaldesa de Vilagarcía, sinalou a importancia de apoiar a este sector para a súa expansión nacional e internacional.

     Tapóns de cristal, camións embotelladores móbiles e etiquetas para botella húmidas, son algunhas da novidades deste ano.

    Redacción Salnés