Tinoco e Low-Beer adxudícanse o I Open Nacional de Snipe

snipe250_270410.jpgVILAGARCÍA> Os brasileiros Alexandre Tinoco e Thomas Low Beer impuxéronse ó resto de participantes tras demostrar a súa superioridade nas catro mangas disputadas.

{flowplayer}images/salnes/snipe_270410.flv{/flowplayer} 

Dominio brasileiro no Open Nacional de Snipe que se celebrou en Vilagarcía. Ata tres embarcacións meteron entre os cinco primeiros clasificados, incluída a vencedora. Alexandre Tinoco, que foi quinto no Mundial de San Diego, levouse o triunfo xunto o seu tripulante Thomas Low-Beer. Por detrás deles os canarios Aureliano Negrín e Oliver Herrera e completando o podium Mario Tinoco e Matheus Gonçalves.

A primeira manga do sábado deu comezo ás 13:30. O comité de regatas víuse na obriga de repetir a saída despois de que case a totalidade da flota, de 84 barcos, vírase afectada por un fóra de liña. Despois, coa regata en marcha, Negrín e Herrera leváronse o triunfo. Por detrás deles chegaran Tinoco e Low Beer, que na segunda manga amosaron a súa superioridade para rematar primeiros e facerse co liderato ó final do día. Xa non o deixarían escapar.

De feito, na primeira proba do domingo repetirían triunfo deixando o campionato visto para sentencia pola ampla marxe que tiñan sobre os seus perseguidores e pola regularidade que demostraran. Mario Tinoco e Matheus Gonçalves venceron na derradeira manga.

Ás portas do podium quedouse outra parella española, a formada polos malagueños Álvaro Martínez e Rafael Utrera. Gaglioti e Patané, tamén brasileiros, foron quintos. Non houbo que baixar moito para atopar ó primeiro barco glaego clasificado. Oitavos remataron Manuel Bermúdez e Ignacio Jiménez a bordo do Markab.

A entrega de trofeos celebrouse no Real Club de Regatas Galicia onde se deron cita numerosas autoridades. Como era de agardar a regata foi todo un éxito no deportivo e no organizativo, dando boa acollida a case douscentos deportistas, de nove nacionalidades diferentes.

Redacción Salnés