O PP reclama a Fomento que varíe o trazado do AVE en Barro

    ave_barro100.jpgPONTEVEDRA> Os deputados do PP no Congreso reuníronse hoxe cos afectados polas obras do AVE ao seu paso por Barro.

    {flowplayer}images/salnes/ave_barro.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os deputados do PP no Congreso, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca, reuníronse cos afectados polas obras do AVE ao seu paso por Barro. Todos coinciden na necesidade de solicitar a Fomento un cambio no trazado das vías, para ter un menor impacto para os veciños.

    Logo da reunión mantida esta mañá entre a Plataforma Salvemos Porráns- Barro e os deputados do PP, chegouse á conclusión de que o AVE é moi necesario e que non se opoñen á infraestrutura. O que piden é que se actúe dende un punto de vista racional. O PP xa presentou ante o Congreso dos Deputados unha pregunta escrita para que expliquen porqué se elixiu unha alternativa que ocasiona graves danos sociais, económicos e patrimoniais. Aínda non teñen resposta do Goberno.

    O portavoz dos veciños asegura que o trazado actual é un atentado contra todo o concello, pois afecta aos principais núcleos de poboación de Barro, como Porráns, Triabá, A Barroca, O Pazo, O Carballal e outros. Os afectados advirten que existen informes técnicos que confirman que hai outras alternativas para o AVE, como a proposta por UXT, que bordea o encoro de Pontillón do Castro e transcorre integramente por monte comunal.

    Segundo indican, as vías afectan de xeito urbanístico e histórico a Barro, ao atoparse por exemplo coa casa e coa tumba de Angel Amor Ruibal, cun Castro ou co Pazo da Torre. A plataforma advirte que, ademais das afeccións económicas e sociais, hai unha grande poboación infantil que deixaría ca súa familia, de vivir nesta zona.

    Redacción Salnés