Portonovo despacha mil quilos na Festa da Raia

festa_da_raia100.jpgSANXENXO> A Festa da Raia de Portonovo pechou os tres días desta décimo sexta edición, con arredor de 1.000 quilos vendidos.

{flowplayer}images/salnes/festa_da_raia.flv{/flowplayer}

SANXENXO> A Festa da Raia de Portonovo pechou os tres días desta décimo sexta edición, con arredor de 1.000 quilos vendidos. O día mais forte foi o sábado cando chegaron a degustarse na carpa desta cita gastronómica, unhas 2.300 racións do exquisito peixe.

O Porto de Portonovo volveu a acoller a gran carpa que albergou durante venres, sábado e domingo, non só o enorme restaurante no que se converte, senón tamén o escenario de varios eventos, exposicións e entrega de premios das Raias de Ouro.

A Festa da Raia é algo máis que unha simple cita gastronómica e xa hai anos que o Concello de Sanxenxo a rodea de actividades culturais dirixidas ao público de tódalas idades. Unha exposición de fotografía antiga, embarcacións e un acuario con algunhas especies autóctonas, permaneceu aberta ao público durante os tres días de festa, ó igual que a mostra itinerante sobre a navegación e a Ría. O sábado houbo un encontro de palilleiras e o domingo o Certame da Canción Popular e a décimo quinta edición do Festival de Baile Rexional e Gaita Galega.

Unha das actuacións máis esperada foi a de Os Gatiños, que este ano recibiu un recoñecemento especial coa entrega dunha Raia de Ouro. Juan Pereiro, axudante de Marina do distrito marítimo de Portonovo durante nove anos, recibiu outro dos distintivos.

Este ano, segundo a organización, na Festa da Raia consumíronse uns mil quilos de produto. Os pratos máis demandados polos comensais foron a raia en caldeirada e a empanada, o modo tradicional, aínda que cada vez a xente atrévese máis a probar os pratos máis orixinais. O esponxoso de raia, premiado no concurso de cociña do ano pasado, e a ensalada templada, tamén tiveron bastante demanda.

O sábado foi o día máis forte e chegaron a vender unhas 2.300 racións do peixe estrela. A crise segue a deixar pegada e a recadación foi máis baixa que na edición pasada. De feito, vendéronse dous centos quilos menos dos que a organización preveu.

Redacción Salnés