Tranquilidade e optimismo antes do inicio da fase

extrugasa250_040510.jpgVILAGARCÍA> Restan menos de 48 horas para que dé comezo a fase de ascenso á Liga Femenina en Vilagarcía e o Extrugasa ultima os últimos detalles para o seu debut do xoves ás 20:30 ante o Univerdidad del País Vasco. Hoxe en rolda de prensa as súas tres xogadoras estranxeiras amosáronse tranquilas ante o inicio da competición e optimistas ante a resposta que poida dar o equipo.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_040510.flv{/flowplayer} 

Pouco a pouco vai medrando a expectación e o nerviosismo. A ansiada fase de ascenso comeza o xoves, momento para o que se estivo preparando o Extrugasa durante todo o ano. Pero as xogadoras de Tito Díaz están curtidas en mil e unhas batallas deste estilo, polo que afrontan a cita con tranquilidade. 

Un dos grandes hándicaps do Extrugasa será o cansancio. O seu plantel, curto de efectivos, pode verse perxudicado pola acumulación de partidos en tan poucos días. Sen embargo Cristina Souza non cre que isto poida afectarlle ó seu equipo. 

A escolta brasileira sabe que o obxectivo non é outro que ascender, pero considera máis importante ir partido a partido que comezar a pensar no hipotético cruce da xornada do domingo.

No que sí hai acordo unánime é na vantaxe que supón xogar na casa. As tres xogadoras estranxeiras do Extrugasa síntense a gusto en Vilagarcía, por iso prefiren afrontar estes decisivos encontros á calor da afección de Fontecarmoa.

Montse Gilabert e Tito Díaz sentaranse mañá ante os medios de comunicación para dar a coñecer as súas impresións 24 horas antes dunha fase que está a crear unha expectación poucas veces vista.

Redacción Salnés