Díaz e Gilabert, deseosos de que comece a fase

extrugasa250_050510.jpgVILAGARCÍA> Estamos xa na véspera do comezo da fase de ascenso á Liga Femenina. Os equipos xa foron chegando a Vilagarcía e todos, agás o Ensino de Lugo, xa se adestraron sobre o parqué de Fontecarmoa. Tamén o fixo o Extrugasa esta mañá ás 11:00. Despois, rolda de prensa con Tito Díaz e Montse Gilabert que se amosaron deseosos de que dé comezo a fase.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_050510.flv{/flowplayer} 

Queren que isto comece xa. Hai gañas no plantel do Extrugasa por iniciar canto antes a fase de ascenso que lles pode levar de volta á Liga Femenina. O primeiro obstáculo a superar será o Universidad del País Vasco, de San Sebastián. Un conxunto con grandes individualidades.

O que faga ou non sobre o parque a ex do Extrugasa Arantxa Novo, dependerá da actuación da súa opoñente no posto de base, Montse Gilabert. 

A base do Extrugasa non é nova neste tipo de situacións, de feito xa acadou co Extrugasa o ascenso na fase de Rivas. Desta volta, cre que acadar tal obxectivo non será tan doado. 

Pero segundo Tito Díaz, aínda que o cansancio será un factor clave, sobre todo nas derradeiras xornadas, o equipo non cambiará o seu patrón de xogo, baseado nun alto ritmo  e nunha defensa ó límite. 

Tanto Gilabert como Díaz fixeron hoxe un chamamento para que a afección lle vaia apoiar neste momento decisivo da temporada. 

Durante esta tarde irán desfilando os equipos por Fontecarmoa, levando a cabo as últimas sesións preparatorias. Non o farán o Ensino, que ata mañá non chega a Vilagarcía, nin un Extrugasa que tomarase a tarde de descanso e mañá fará unha sesión de tiro pola mañá.

Redacción Salnés